martes, 2 de marzo de 2010

ENCONTRO IRMANDIÑO

Nace no proceso de debate da XII Asemblea do BNG como lista da citada asemblea para defender o asemblearismo que pretendía liquidar, como así aconteceu por unha diferencia de moi pouquiños votos, a maioría dominante no BNG.
Na súa 1ª Asemblea definen a súa concepción da política e na 2ª Asemblea deciden convertelos en corrente organizada dentro do BNG.

Son e facen BNG. Estan nos órganos de dirección e asumen as responsabilidades. Estan a enfrontar esta situación dende a diferencia pero tamén dende a lealdade á organización. Se entran é para traballar nas responsabilidades políticas que lles ten asignado a militancia.

Eles, entenden a democracia non só como a decisión das maiorías senón tamén como o respecto escrupuloso das minorías. Aquí reside a tensión democrática que defenden, porque senón acabaria por converter a política interna do BNG nunha dialéctica de alícuotas de poder excluíntes cando deberían ser inclusivas.

http://irmandinos.blogaliza.org/files/2008/07/ei.gif

No hay comentarios:

Publicar un comentario