En primeiro lugar, maña, que me vou a Barcelona e non se pode estar en tódolos lados, maña na Nasa hai un homenaxe a Radio Oceano polos Tres Trebóns - Xurxo Souto e Antón e Frán Papaqueixos - cos Homes sen Medo e un montón de amigos: Marcos Galegoz Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño The Homens Wu, Marcos Rastreros e Xosé Bocixa Zënzar. E seica Reixa tamén volverá a subir ó escenario e eu perdereimo, pero non se pode andar a todo.
Isto dame pe a falar de música, como se eu precisara dunha excusa. Este é unha entrada que levo tempo querendo facer. Abrochádevos o cinturon e acomodádevos nos vosos asentos porque vai ser longa e de amplo contido ideolóxico:
Somos un país pequeno e cheo de complexos, non nos decatamos da nosa riqueza en moitos aspectos, e o cultural é un deles. Dende que na década dos 80 a movida viguesa competía coa madrileña en efervescencia e xa dende antes, Galiza estivo na vangarda cultural europea e mundial... Non digo que marcáramos tendencia, que ollo, temos gaiteiros potentísimos que o fan, como o Nuñez. Pero o folk e o mestizaxe son outra historia. Eu fálovos do Rock e do Pop. Bowie innagurou o Space Pop coa súa Space Oddity no 69 e a comezos dos 90 os Resentidos falábannos tamén de Sergei Krikalyov, sen chollo e perdido na Galaxia. Reixa e os Resentidos e mailos Radio Oceano -dos que non coñezo nada - foron os precursores... pero detras viñeron moitos outros.
Aquí referireime so á música galega, a música en galego, pero tamén se fixo moita e moi boa múscia en castelán - por citar tres; Def con Dos, Aerolineas Federales e Siniestro Total - a quen non se lle cairon os aneis por tocar tamén no noso idioma... Aquilo si era bilingüismo.
A comezos e metade dos 90 comezarona agromar moitos grupiños que se agruparon baixo o nome de Bravú.. O Bravú facía referencia a un rock enxebre, en galego e sobre Galiza: Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Heredeiros da Crus, O caimán do Río Tea, Os Rastreros, Os Yellow Pixoliñas... Grupos todos que coñecemos, polo menos eu e a miña xeración de finais dos 80, comezos do 90, polo Xabarín Club.
O Xabarín foi un espazo televisivo que cada vez me parece máis soberbio, alomenos o dos primeiros tempos, cando xunto cos series de animación boas - Arale, Doraemon, Dragon Ball, os de Tex Avery, Picapedras ou as pelis de Asterix e Harlock Saga dos festivos pola maña -, unha sección de noticias lixeiras (Consultorio do Doutro TNT incluido), videoclips e concursos... Creo sinceramente que era o mellor programa infantil-xuvenil da televisión estatal.
Con isto non quero dicirvos que todo tempo pasado foi mellor, pasaron vinte anos desde que se formaron os Diplomáticos e case trinta dende o primeiro disco dos Resentidos e na Galiza presente segue habendo bos grupos. Ataque Escampe e o seu Rock de Serie B, Kogito co Ska máis canónico, Lamatumbá e o Sonoro Maxín repartindo troula, Dios que te Crew, Xurxo Souto e Antón Papaqueixos representando á vella garda nos Tres Trebóns, O Leo i arremecaghona, Noise Project facendo ruidos, Kastomä e coma eles a montóns... e de novo cito so a grupos que cantan en galego.
O Bravú está superado (o debut de Machina chámase Post-Bravú, de feito) e mellor así, agora temos de todo Rock, Harcore, Rap, Cantautores, Noise, Pop... pero claro, non saen no Luar nin na telegaita e non nos enteramos...
Se vos interesa a música galega, que é moito máis que Luar na Lubre e non ten que envexar á música española, británica ou estadounidense. E iso é o que vos quero dicir con todo ese rollo. se vos interesa, que me lío, recoméndovos a todos que focedes pola Regueifa Netlabel.
Saude e Radio Océano!